Edificio da Fábrica de Tabacos da Coruña

O edificio da Fábrica de Tabacos da Coruña, comezado a construír no 1766, converteuse no 2017, tras unha reforma integral, na nova sede da Audiencia Provincial, a Fiscalía e os xulgados de Menores e Vixilancia Penitenciaria. A Xunta de Galicia adxudicou a obra á UTE formada por Corsán-Corviam Construcción e Antalsis, que contratou a Rendal para as cubertas do edificio.

A parte xudicial do edificio ocupa uns 15.500 metros cadrados, quedando libres aproximadamente 3.000 para usos do Concello da Coruña. O inmoble, que era de propiedade municipal, cedeuse á Xunta no 2012 coa condición de que se destinase a usos xudiciais e que se preservasen os seus valores arquitectónicos.

Localización

A Coruña

Tipo de acabados

Cuberta de zinc natural

Sistema de montaxe

Xunta alzada engatillada