Fachadas ventiladas de pedra
pedra é un material empregado na construción dende hai milenios. Isto débese a que proporciona a calquera edificio dúas características fundamentais: protección e deseño.
Esteticamente, é un material que ofrece unha ampla gama de cores, texturas e formatos, cunha gran variedade de posibilidades para o acabado final de calquera tipo de proxecto.
Por esas características, a pedra está presente tanto na arquitectura popular como en construcións singulares, con diversas vantaxes fronte a outros materiais: durabilidade, baixo custo de mantemento e propiedades illantes.
Entre os acabados en fachadas ventiladas de pedra cos que traballamos en Rendal atópanse a lousa, o granito, o mármore, o travertino e a calcaria.