Cubertas de zinc

A

fórmula máis recomendable para edificacións singulares; resalta a beleza estética tanto na arquitectura tradicional como en proxectos modernos. A aplicación do zinc en cubertas e fachadas ventiladas é garantía de durabilidade e estanquidade, cunha esperanza de vida sen mantemento que vai dende os 40 aos 100 anos, segundo as características do clima.

En Rendal estamos especializados na instalación de cubertas, e máis concretamente na utilización de zinc, polo que aproveitamos ao máximo as súas vantaxes competitivas.

Nos nosos 50 anos de experiencia, os mellores arquitectos, os principais contratistas e as construtoras líderes depositaron a súa confianza no noso equipo profesional. O noso principal obxectivo é a satisfacción final do cliente.

Coñecemos as vantaxes e aplicacións das principais variedades de zinc (natural, quartz e anthra), e estamos afeitos a traballar con outros acabados de pigmentos con tons marrón, vermello, verde e azul. Unha das últimas novidades que incorporamos ao noso catálogo é AZENGAR, unha aliaxe de zinc cun aspecto máis claro e mate.

Cubiertas de zinc natural
ZINC NATURAL
ZINC NATURAL
ZINC NATURAL
O zinc natural presenta un aspecto metálico brillante. Tras un tempo exposto á intemperie fórmase na superficie unha capa autoprotectora dun ton gris chamada pátina natural. A formación desta pátina proporciona unha resistencia excepcional á corrosión.
Cubierta zinc quartz
ZINC QUARTZ
ZINC QUARTZ
ZINC QUARTZ
O zinc prepatinado claro ofrece dende a súa instalación un aspecto achegado ao zinc natural, tal e como se presenta tras anos de exposición aos elementos. Material apreciado en rehabilitación, xa que se disimula mellor con zinc antigo e impide a aparición do óxido branco.
Cubierta zinc anthra
ZINC ANTHRA
ZINC ANTHRA
ZINC ANTHRA
O zinc anthra presenta un acabado gris moi escuro (case negro) que é a súa principal diferenza fronte ao zinc quartz, xa que as súas propiedades e proceso de fabricación son similares. Este material combina ben esteticamente coa lousa, á que se asocia con moita frecuencia.

Tanto o zinc como o cobre e outros metais son materiais que poden ser empregados para a decoración de espazos interiores

Contamos con 50 anos de proxectos e clientes satisfeitos