Fachadas ventiladas de zinc e cobre

Fachada ventilada de zinc
E

n Rendal contamos cunha experiencia de 50 anos na instalación de zinc e cobre para fachadas, polo que lle podemos asesorar nos materiais e acabados idóneos para cada proxecto. As fachadas ventiladas de zinc e cobre, combinados entre si e con outros materiais de calidade, son a fórmula máis recomendable para edificacións singulares; estes elementos nobres resaltan a beleza estética na arquitectura tradicional e en proxectos modernos.

A aplicación do zinc en fachadas ventiladas é garantía de durabilidade e estanquidade, acadando unha esperanza de vida sen mantemento que vai dende os 40 aos 100 anos, segundo as características do clima.

O cobre ten un nivel de reciclaxe completo, emprégase moi pouca enerxía na súa fabricación e ten unha longa duración, polo que é idóneo para proxectos de construción sostible.

Fachada ventilada de cobre

O zinc, o cobre e outros metais son materiais que poden ser empregados para a decoración de espazos interiores

Contamos con 50 anos de proxectos e clientes satisfeitos