A nosa empresa
Orgullosos dunha historia de máis de 50 anos e 1.000 proxectos
n Rendal poderiamos resumir a nosa historia con cifras. Con máis de 50 anos e 1.000 proxectos, por algo nos convertemos nunha empresa referente na instalación de cubertas e fachadas ventiladas en Galicia, pero preferimos falar do que está detrás deses números. Como lle gusta dicir a Manuel Rendal, fundador de Rendal, o que nos trouxo ata aquí é “a loita, a constancia e o traballo ben feito”.
As nosas raíces están nos anos 60, cando Manuel Rendal comezou a instalar cubertas de zinc na Coruña. “Eramos pioneiros, pódese dicir que practicamente só nós en toda Galicia. Lembro que tiñamos que levar os materiais nun carro pola rúa. Era outro mundo, nada que ver coa tecnoloxía que temos agora”, recorda Manuel Rendal.
Sentímonos orgullosos de todos e cada un deses 1.000 proxectos que levamos a cabo. O Kiosko Alfonso da Coruña converteuse hai décadas na nosa primeira gran obra, aínda que despois chegaron outros proxectos emblemáticos, como o Parlamento de Galicia ou o Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.
O que nos trouxo ata aquí é a loita, a constancia e o traballo ben feito”
Fundador
Cubertas, fachadas ventiladas e amplo catálogo de materiais
D
as cubertas de zinc dos primeiros anos pasamos tamén á instalación de fachadas ventiladas e ao uso de novos materiais que poco a pouco se foron sumando ao noso catálogo, como o cobre, a lousa, o panel composite, o granito, o mármore, o travertino, a calcaria, o panel de fibrocemento e o panel fenólico.
Aqueles primeiros pasos de Manuel Rendal hai máis de medio século marcaron as bases dunha das empresas máis recoñecidas en Galicia no sector das cubertas e fachadas ventiladas. Con loita, constancia… e traballo ben feito.
Este espírito forma parte do noso ADN, cun equipo de profesionais con ampla experiencia, materiais de calidade e garantía de cumprimento en todos os nosos proxectos.