Fachadas ventiladas de panel composite aluminio

composite de aluminio é un material formado por dúas láminas de aluminio unidas por un núcleo de material plástico (polietileno). Emprégase nas obras e rehabilitacións máis modernas, xa que dota ao edificio dunhas excelentes propiedades mecánicas: elevada rixidez, o que se traduce en alta resistencia aos impactos, e un peso reducido.
Grazas á súa versatilidade é un material que permite combinar diferentes cores nunha mesma superficie, cunha ampla gama de acabados e revestimentos.
Trátase dunha solución construtiva económica, estética, eficaz e sostible para o recubrimento das fachadas, que ofrece unha boa protección fronte aos cambios de temperatura.