Rehabilitacións integrais para comunidades de veciños
Expertos en restauracións de cubertas, fachadas e outros espazos para todo tipo de edificios e vivendas
Os nosos servizos para a rehabilitación de edificios
Coñece sobre as nosas capacidades para a realización de rehabilitacións e reparacións integrais de cubertas, fachadas e outros espazos comúns (terrazas, patios, medianeiras…) para comunidades de propietarios. Como podemos axudarche?
Buscas consello para aproveitar os programas de axudas e subvencións dispoñibles para a rehabilitación de vivendas?
Rehabilitación e substitución de cubertas
Contamos cunha ampla variedade de servizos que cobren as demandas habituais de administradores de predios e comunidades de veciños á hora de substituír ou reformar as cubertas de edificios:
- Retirada de uralita con amianto
Sempre que se traballa nunha obra de cuberta con fibrocemento, o inmoble pode ter instalados materiais prexudiciais como o amianto. En Rendal contamos con persoal autorizado polo Rexistro de Empresas con Risco de Amianto (RERA), que nos permite executar o proceso de retirada destes materiais. - Cubertas de fibrocemento
Para cumprir correctamente coa rehabilitación, procederemos á retirada da antiga cuberta e de toda aquela estrutura non aproveitable. Os servizos básicos inclúen unha nova cuberta mediante placas de fibrocemento sen amianto que acheguen resistencia ao desgaste e canalización de augas pluviais, ademais de poder incluír illamento térmico previo da base. - Cubertas de tella
O paso do tempo afecta as cubertas de tellas e estas á súa vez terminan desprendéndose, ben sexa pola climatoloxía ou polo sistema de colocación. En Rendal seguimos o estándar de colocación de cuberta transpirable mediante uso de escuma de poliuretano e gancho de aceiro inoxidable. - Cubertas de lousa
En moitas ocasións a colocación dunha cuberta de lousa determina a súa durabilidade no tempo. Se se seguen as indicacións do Clúster da Pizarra de Galicia, tal como facemos en Rendal, a substitución da cuberta de lousa farase de forma sinxela e económica, dando como resultado un tellado dun material de gran durabilidade e prestacións.
- Tellados de lámina de PVC
Algunhas cubertas feitas coa lámina de PVC, poden ter co tempo problemas de fixación ou de excesivo estrés. Para solucionalo, en Rendal ofrecemos colocar unha nova lámina de PVC por enriba da base actual ou substituír todas aquelas partes de revestimento en mal estado. O noso proceso inclúe membrana de xeotéxtil impermeable, láminas illantes de poliestireno e angulares de chapa para dar soporte. - Placa metálica de panel sándwich
As cubertas de chapa metálica adoitan dar un resultado excelente pola súa levidade e o seu illamento térmico, pero cando a súa vida útil finaliza, é necesario substituíla por completo. En Rendal cubrimos todos os pasos propios de instalación dunha cuberta de chapa de aceiro galvanizado, ademais de proceder a quitar o amianto e outros materiais perigosos, e trasladar ao vertedoiro todos os entullos.
Impermeabilizacións e illamiento de fachadas
Consulta a nosa oferta de illamento térmico exterior (SATE) para rehabilitacións de fachadas. En Rendal empregamos a técnica máis eficaz para impermeabilizar e repoñer as fachadas de calquera tipo de edificio ou vivenda particular.
Fronte á aparición de humidades, condensacións ou pontes térmicas non illadas, o método SATE (Sistema de Illamento Térmico Exterior) é a fórmula adecuada para dotar ao edificio dun bo funcionamento térmico e de impermeabilidade exterior co uso de placas illantes de poliestireno expandido e un revestimento armado con malla de fibra de vidro.
Desde Rendal aseguramos unha fácil execución da obra e un aforro xeral de calefacción e aire acondicionado no propio inmoble.
Illamiento de terrazas e cubertas planas
Ofrecemos as comunidades de veciños e administradores de predios dúas opcións para a realización de rehabilitacións integrais de terrazas ou cubertas planas:
- Impermeabilización con caucho líquido
A deterioración dunha terraza trae multitude de filtrados e manchas de humidade para os locais ou vivendas. Para evitar esta situación, en Rendal podemos executar o levantamento de terrazas e realizar unha impermeabilización cunha capa de pintura de caucho líquido. Esta opción é perfecta para illar fugas e resistir raios UV, ademais de xerar unha superficie eficaz en zonas de tránsito para evitar perigos de escorregadas ou caídas.
- Impermeabilización por lámina de PVC
Temos experiencia en impermeabilizacións coa colocación de lámina de PVC. No noso método aplicamos sobre a base unha membrana de xeotéxtil protectora e filtradora que impida o contacto entre os distintos materiais do chan. Ademais, revestimos as láminas PVC con lousas de distintos materiais (cerámica, termoarxila…) que proporcionan gran estabilidade ao tránsito e facilitan o mantemento e limpeza. Este tipo de impermeabilización garante unha solución moi eficiente, duradeira, económica e estética fronte á intemperie.
Reparacións de patios interiores
Desde Rendal sabemos que os patios interiores necesitan reformarse pasado un tempo da construción do inmoble, e esta é a razón pola que contamos con dúas formas de poder rehabilitar eses espazos:
- Illamiento térmico (SATE) para patios interiores
En caso de deterioración do patio interior, ofrecémosche unha rehabilitación integral que aproveite toda a luminosidade dos patios interiores. A nosa proposta inclúe o uso de hidrófugos antihumidade e a colocación de láminas illantes revestidas de malla de fibra de vidro reforzado, capaces de reducir o consumo de enerxía.
- Traballo vertical ca aplicación de pinturas
Os patios interiores necesitan unha conservación constante que evite gretas, fisuras ou fendeduras. Dispoñemos dun equipo de traballo vertical con equipamento homologado e medidas de seguridade especiais para todo tipo de alturas, para pintar e reparar fachadas de patios interiores de inmobles e edificios.
Revestimentos de fachadas medianeiras
Ofertamos cambios de fachadas medianeiras de todo tipo de inmobles. Consulta os servizos máis solicitados por administradores de predios e comunidades de veciños:
- Illamiento térmico (SATE) para medianeiras
A deterioración polo paso do tempo e a falta de mantemento de fachadas medianeiras xera desprendementos e humidades. En Rendal ofrecemos a colocación dun sistema de illamento térmico exterior (SATE), co que ademais de protexer esta zona, permite gañar illamento en interiores. Esta solución xera aforro en calefacción e aire acondicionado, cun maior nivel de confort para as vivendas. - Colocación de chapa metálica simple
En Rendal tamén executamos reformas que consisten na colocación de chapa de aceiro prelacado ou galvanizado que estea soportado por ancoraxes metálicas na parede. Esas proteccións están impermeabilizadas para evitar a formación de condensacións e mofo. - Colocación de chapa metálica de minionda
Para garantir a ventilación e resistencia ao impacto térmico, en Rendal podemos instalar placas metálicas de minionda, deseñadas especificamente para as paredes de fachadas laterais. A forma ondulada evita fisuras ou humidades, e a súa flexibilidade restrinxe as dilatacións, contraccións e escorregamentos.
Cambio de ventás de vivendas
En Rendal tamén realizamos a substitución de xanelas de zonas afectadas pola rehabilitación do edificio e vivendas particulares.
Contamos con ventás de PVC ou aluminio, cunha fabricación a medida e ampla variedade de acabados. Traballamos con materiais lixeiros, resistentes e adecuados para ventás illantes que permiten aforrar tanto en calefacción coma en aire acondicionado.
Solucións adecuadas para estruturas ríxidas que sexan capaces de soportar o peso de todo o acristalamento e á vez, aguantar sen deformarse fronte as presións de vento que se producen nas fachadas.
Xestión de subvencións e axudas para rehabilitacións
As administracións ofrecen de forma periódica axudas e subvencións para a conservación e rehabilitación enerxética de edificios e vivendas. Dentro dos servizos de Rendal, o noso equipo pode preparar un estudo previo que analice se a súa comunidade de propietarios pode acceder a estes programas de axudas.
Encargámonos do estudo das subvencións incluídas nos plans estatais, autonómicos e municipais, ademais dos programas de axudas en base a fondos europeos para a mellora do parque inmobiliario.