Cubertas de lousa
A
lousa é un material natural que proporciona ao seu edificio un aspecto atemporal, inalterable ao paso do tempo. Está considerado como o material construtivo máis sostible, xa que consume menos auga e enerxía na súa extracción. A meirande parte da súa produción xérase en proximidade, polo que é un elemento clásico da arquitectura galega.
En Rendal construímos cubertas de lousa coas máximas garantías de funcionalidade e seguridade. A instalación de lousa realizámola seguindo directrices do Clúster da Lousa de Galicia, aplicando o sistema e o tipo de material axeitado para cada construción dependendo da localización, inclinación do tellado, tamaño e calidades do mineral.